Vigo al minuto

340 novos sillóns para os pacientes do Hospital do Meixoeiro

O hospital do Meixoeiro ven de renovar os sillóns dos cartos das Unidades de Hospitalización, incorporando 340 deles cun investimento de 144.652€.

Segundo sinala o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), “trátase dun mobiliario cunhas especiais características ergonómicas, que levan respaldo con repousabrazos e repousapés abatibles ata posición horizontal, que favorecen a comodidade e o descanso do paciente”. Ademais, engade, dispoñen dun sistema de rodada, con rodas que permiten a súa mobilidade, o que tamén facilita as tarefas do persoal.

Dous destas cadeiras con brazos son deferentes, están deseñadas para os pacientes con obesidade mórbida, cunha anchura superior para soportar 220 quilogramos de peso.

También te puede interesar