RGPD - Cookies
Vigo al día

@En_Marea denuncia a supresión da liña de autobús entre Vigo e Lugo

O anuncio por parte da Xunta de Galicia da supresión do servizo de autobús entre as cidades de Vigo e Lugo supón a demostración de que o goberno do PP preteden desmantelar o transporte público no país utilizando «unha opacidade absoluta» e «facendo recortes aos poucos» para deixar á cidadanía sen servizos.

Isto é o que ven de denunciar En Marea que subliña que no caso da supresión desta liña entre Vigo e Lugo, Sánchez sinala unha situación anómala na que a «empresa renuncia a liña, a Xunta sácaa a poxa e a mesma empresa, Mombús, volve gañala».

Engade En Marea, «entre a renuncia e a nova adxudicación, a Xunta recortou servizos para a cidadanía, axeitando a poxa as necesidades da empresa». O vicevoceiro do Grupo Parlamentario de En Marea, Antón ánchez, explica que Mombús «aparece agora como empresa magnánima ao conservar este servizo en dous día da semana».

También te puede interesar