Destacados Vigo al día

Dende este venres os ‘Vitrasas’ que circulen pola noite pararán, en calquera parte dos seus percorridos, ás mulleres que así o soliciten

Dende este venres, día 16, os conductores e conductoras  dos ‘Vitrasas’ que circulen entre as 10 e media da noite e as 6 e media da mañá, pararán ás mulleres que así o soliciten en calquera parte do percorrido que fagan esas liñas, aínda que sexa fora das súas paradas sinaladas, co obxectivo de “mellorar a seguridade das mulleres” pola noite.

Dende o Concello sublíñase que esta medida abrangue tamén ás tres liñas do bus urbano que circulan en horario nocturno e que calquera persoa que viaxe no Vitrasa entre esas horas, “pode pedir ao chófer que pare para poder baixar”.

También te puede interesar