Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Contratación das obras para a mellora da cuberta e a fachada do Meixoeiro

O Diario Oficial de Galicia publica este venres unha Resolución do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) na que se anuncia a contratación da redacción do proxecto básico e de execución, así como a dirección facultativa, para a reforma da envolvente térmica do Hospital Meixoeiro, mellorando a cuberta, a fachada e os peches.  O orzamento deste proxecto, cofinanciado nun 80% cos fondos FEDER,  é de 131.088,30 € e ten un prazo de execución de 2 meses.

Segundo indica o Seragas, o obxecto deste proxecto é mellorar a eficiencia enerxética do edificio dacorde coa normativa estatal e europea vixente; controlar o consumo enerxético; “posibilitar a introdución de enerxías renovables e edificios sostibles, e contribuír á difusión dunha cultura responsable co coidado do medio ambiente”.

También te puede interesar