Ciencia y Tecnología Galicia

Galicia oferta este ano 394 prazas para a formación de especialistas, 17 máis que en 2017

Galicia oferta neste curso 2017/2018 un total de 394 prazas para a formación de residentes, 17 máis que o ano pasado cando a oferta foi de 377.

As novas prazas incrementadas na oferta deste curso repártense nas especialidades de medicina de familia e comunitaria, que aumenta en 6; as especialidades de anestesioloxía e reanimación, medicina interna e medicina física e rehabilitadora que aumentan 2 prazas cada unha; e as especialidades de análises clínicos, anxioloxía e cirurxía vascular, aparato dixestivo, cardioloxía, cirurxía xeral, cirurxía plástica, cirurxía torácica, oncoloxía radioterápica e radiodiagnóstico que aumentan 1 praza.

Por outra banda, neste curso 2017/2018 deixaron de ofertarse catro prazas nas especialidades cirurxía cardiovascular, neurocirurxía, oncoloxía médica e matrona.

También te puede interesar