Cultura

Cuntis pon rumbo á ‘XXI Festa da Lacón con grelos’ abrigándose en ‘Un inverno de Entroido’

Cuntis quenta xa estes días fríos camiño da agardada ‘Festa do Lacón con grelos’ que terá o seu día grande o vindeiro domingo, día 18.

Dunha banda segue ‘Un inverno de Entroido’, con actos de lecer que comezaron hai semanas e que seguirán ata principio de marzo, cando chegue o II Rallymix Cuntis Vila Termal.

A fin de semana pasado tivo lugar o Tapalacón, coa participación de numerosos establecementos hostaleiros del municipio; este sábado, día 10, seguen cos obradoiros infantís de orellas e filloas-(ás 11:30 h. na Casa do Médico); o domingo, día 11, será o momento do Desfile e Concurso do Entroido e o luns, día 12, ‘Patinaxe’ para rapazas e rapaces de entre 12 e 18 anos.

Por suposto, os adultos terán tamén a posibilidade de amosar a súa pericia gastronómica…ou aprender a facer na cociña algo máis que abrir o frigorífico: o venres, día 16, e sábado, 17, haberá dous cursos, o primeiro de ‘Cociña Salgada’, ás 6 da tarde,da man do caldense Jorge Gago, gañador do premio ‘Cociñeiro Novo 2017’, xusto antes da ‘Gala do Chapante’, que será ás 9 da noite no Centro Patelas. O sábado será o momento da ‘Cociña Doce’, con Tere Rico, pola mañá.

Ese mesmo sábado, as 10 e media da noite será a hora do ‘Vespaguateque’, que cumpre xa 7 anos, e que na carpa instalada na zona do Espadernal contará coas actuacións de ‘Agustín e os fillos do estramonio’ e, coma estrelas a ‘Los Diablos’.

Serán eles os que pechen a véspera da do día grande ‘Festa do Lacón con Grelos’, no que Cuntis agarda a milleiros de visitantes e na que exercerá de pregoeiro o humorista, monologuista e actor Carlos Blanco.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.