Vigo al día

Este venres empeza a reforma do parque Camilo José Cela que abrangue un ascensor entre Torrecedeira e Pi y Margall

Este venres empeza a  remodelación integral do parque Camilo José Cela, unha obra que forma parte do proxecto ‘Vigo Vertical’ cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea.

Esta reforma conta cun orzamento próximo aos 2,8 millóns de euros e un prazo estimado de obras de 14 meses. Xunto coa reforma do espazo o Concello constuirá un elevador  que unirá Conde de Torrecedeira con Pi y Margall, á altura do ascensor que xa conecta Pi y Margall coa Avenida das Camelias.

También te puede interesar