Vigo al minuto

@odscoia inaugura este luns na súa sede a exposición ‘O Vigo que [NON] sorrí’

O luns 5 de febreiro a Oficina de Dereitos Sociis de Coia (ODS) inaugura nos seus  locais da parroquia do Cristo da Vitoria a exposición «O Vigo que [NON] sorrí», do fotógrafo Aarón Diez, que poderá visitarse ata o vindeiro día 25.

«O Vigo que [NON] sorrí amosa a dura realidade de algúns dos nosos veciños e veciñas. As fotografías foron tomadas durante o inverno pasado en diferentes barrios da cidade. Trata de amosar a realidade dun Vigo que non sorrí porque non ten motivos para facelo. O Vigo do non: do non teño casa, non teño traballo, non teño voz, non teño dereitos… O Vigo que non queremos ver ou que só miramos de esguello», sinalan dende a ODS.

A iniciativa nace como resposta á exposición patrocinada polo Concello de Vigo, en xullo de 2016, onde amosaban un Vigo sorrinte. «Con este traballo non pretendemos criticar a boa vontade do proxecto, que quería sacar un sorriso á xente, buscamos apelar á empatía e á responsabilidade colectiva ante os dramas sociais que temos na porta de casa, aqueles que as institucións tratan agochar», opina o fotógrafo, que sinala que «vivimos nunha cidade fermosa pero onde hai demasiadas personas que non poden gozar dela».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.