Galicia

Milleiros de persoas claman en Compostela contra o desmantelamento da Sanidade Pública

Milleiros de persoas sumáronse este domingo á manifestación cconvocada por SOS Sanidade Pública en Compostela para protestar contra os recortes na Sanidade Pública e esixir ao presidente do Goberno de Galicia que paralice a reforma da Lei de Saúde e manteña un proceso de negociación encamiñado a frear a privatizacións na sanidade galega.

O portavoz da Plataforma, Manuel Martín, denunciou o «desmantelamento dos hospitais comarcais» que asegura que suporá a nova Lei de saúde, a situación de «colapso» rexistrado nas listas de espera e o progresivo «proceso de privatización cos chiringuitos de xestión privada” que  se están a montar.

Cando xa rematara a protesta na Praza da Quintana aínda entraba a parte final da manifestación entre berros de “recortes na pública, cartos para a privada”, “Feijóo privatizador”, «este goberno é unha mafia» ou «recortes na pública, diñeiro para a privada».

No manifesto instouse ao presidente Feijóo a que retire a reforma da Lei de Saúde, que se debaterá este martes no Parlamento, por «formar parte dunha estratexia da Xunta de privatizar a atención sanitaria, trasladando a miles de pacientes da sanidade pública á privada», e denunciose que «86 pacientes pasan diariamente da Sanidade Pública á privada» desde a aplicación en xaneiro da derivación dos pacientes á privada

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.