RGPD - Cookies
Comarcas

@depo_es aproba destinar preto de 500.000€ a entidades sociais sen ánimo de lucro

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases que regulan as subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da mocidade na provincia de Pontevedra durante ano 2018.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou que “estas subvencións contan cun orzamento de 499.000€, 9.000 máis que no 2017, exercicio no que se beneficiaron destas axudas 119 entidades da provincia.”

Silva explicou que “estas subvencións concédense a través dun réxime de concorrencia competitiva e poderán optar a elas proxectos, programas e actividades de asociacións de carácter social e entidades sen ánimo de lucro que se desenvolvan no ámbito territorial da provincia de Pontevedra e que se dirixan aos seguintes colectivos: familia e infancia; persoas maiores; persoas con diversidade funcional; emigrantes, inmigrantes e minorias étnicas; persoas en risco de exclusión social; drogodependentes ou con outros trastornos adictivos; mocidade; sociosanitarios, e colectivos con outros problemas que poidan ser obxecto de intervención social.”

O prazo para a presentación de solicitudes empezará o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e finalizará en 20 días naturais.

También te puede interesar