RGPD - Cookies
Galicia

A Xunta destinou máis de 13.000€ a campionatos de caza do raposo

Segundo informa este domingo Galiciaconfidencial, Libera e Franz Weber veñen de denunciar que a Xunta destinou, durante 2016 e 2017, máis de 13.000€ a campionatos de caza de raposo como deste sábado, que tivo lugar nos concellos de Forcarei, A Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campolameiro. Ademáis, a ‘Supercopa Galega de caza do raposo’ de 2016 foi declarada «proxecto de especial relevancia».

A este feito hai que engadir que a Secretaría Xeral para o Deporte destinou máis de 55.000€ á Federación Galega de Caza, cantidade á que hai que sumar outros 50.000 pagados pola  Consellería do Medio Ambiente por medio de ‘convenios de colaboración’.

 

También te puede interesar