Vigo al día

O Concello xa enviou 73.431 traxetas Passvigo, 20.000 delas para pensionistas que collen o Vitrasa gratis

O Concello xa enviou 73.431 tarxetas Passvigo, das que case 20.000 son de pensionistas I e II, que gozan de autobús de balde. Tamén se entregaron 3.500 de estudante, 3.000 universitarias e 551 de bono social. Respecto das bonificadas (antigas tarxetas verdes), enviáronse case 47.000.

Hai que lembrar que as tarxetas actívanse ao recargalas, excepto as de pensionistas que, ao ser gratuítas, é preciso usar unhas craves persoais e intransferibles -como a tarxeta-, un trámite que se pode facer a través da web passvigo.vigo.org , por teléfono ou en dependencias municipais ou da empresa.

También te puede interesar