RGPD - Cookies
Destacados

@ConcelloNigran aproba aumentar hasta os 225.000€ o orzamento da Axuda a Domicilio

O Pleno do Concello de Nigrán aprobou, a proposta do Goberno local, aumentar en 60.000 € o orzamento base de contratación do servizo de axuda a domicilio ata chegar aos 225.000€. Este acordo permite que os técnicos municipais continúen coa tramitación do expediente de contratación do servizo, xa que a concesión administrativa outorgada á empresa Atendo no 2016 expira xa no mes de maio.

A esta suba de 60.000 € nesta partida se engade á de 20.000 € realizada no ano 2016 o que supón un aumento de 80.000 € (35,5%) en só dous anos. «O obxectivo deste incremento é que a calidade do servizo que ofrezan as empresas sexa excelente e, ao mesmo tempo, chegar a máis usuarios. Trátase dun asunto clave na política social deste goberno no que non se poden escatimar os cartos», defende o alcalde, Juan González.

A previsión dos Servizos Sociais do Concello é que no ano 2018 se asignen 19.896 horas aos usuarios da axuda á dependencia e 3.700 aos de libre concurrencia (non cubertos pola Ley de Dependencia).

O servizo de axuda no fogar inclúe intervencións de carácter persoal, doméstico, socio-educativo ou preventivo que levan a cabo persoal cualificado con supervisión técnica directa dos servizo sociais do Concello. Así, unha traballadora pode axudar a levantarse ou deitarse ao dependente, ocuparse da súa hixiene ou alimentación, acompañalo a consultas ou tratamentos, limpeza e compra na vivenda, lavado de roupa… Ou prestar atención de carácter psicosocial e educativo, socialización, servizo de podoloxía ou fisioterapia… En ningún caso o tempo de atención aos usuarios pode ser menor a 30 minutos diarios.

También te puede interesar