Cultura Vigo al minuto

@depo_es e Concello de Cuntis dan o pistoletazo de saída á ‘Festa do Lacón con grelos’ 2018

A sede de Turismo Rías Baixas da Deputación de Pontevedra acolleu este venres a presentación da XXI Festa do lacón con grelos de Cuntis, que terá lugar o vindeiro domingo 18 de febreiro. Ao acto acudiron o deputado provincial David Regades e o alcalde de Cuntis, Manuel Campos.

Esta festa, declarada de interese turístico galego en 2010, volverá a reunir a milleiros de persoas e acollerá actividades de todo tipo dende este mesmo fin de semana. Así, Cuntis será o escenario durante estes días un concurso de tapas con lacón, diferentes obradoiros, un desfile e concurso de Entroido, o velorio e enterro do chapante e, como xa comeza a ser tradición, o “Vespalacón”, que chega a súa décima edición.

O deputado de Cooperación, David Regades, en primeiro lugar enxalzou á vila de Cuntis e cualificouna de “moi fermosa, como tamén o é a súa xente, ata o punto de que nela a ninguén o consideran estranxeiro”. Tamén manifestou Regades o firme compromiso da institución provincial con este festexo, “que conta con 21 anos de vida e que amais da gastronomía, amais do lacón con grelos, conta cunha ampla oferta como poden ser os encontros de Vespa e a aposta da vila pola cultura”.

O deputado de Cooperación subliñou que “todas as pontevedresas e pontevedreses que nos despracemos ata Cuntis poderán desfrutar dos festexos e tamén da súa gastronomía, paisaxe, termalismo e a gran xente que vive en Cuntis e que fai que se vivan experiencias incribles na vila”. Ao respecto, David Regades puxo en valor a importancia das experiencias para o turismo, destacando que “estou convencido de que o xornalista do Guardian que foi a Cíes e dixo que Rodas era a mellor praia do mundo o fixo porque alí viviu unha grande experiencia e eu aquí, en Cuntis, sempre que veño vivo grandes experiencias e estou seguro que tamén as vivirán as persoas que acudan á festa do lacón con grelos”.

Pola súa banda, o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, lembrou a traxectoria histórica da festa: “todos nos podemos acordar como comezou e como pouco a pouco foi facéndose oco no panorama turístico e gastronómico de Galicia”. Tamén aproveitou a presentación para agradecer o apoio da Deputación de Pontevedra que “permítenos levar a cabo este mes cheo de actividades que impulsamos dende un concello pequeno.”

Durante a presentación, Manuel Campos tamén deu as grazas “ás asociacións que participan co Concello para o desenvolvemento da festa do lacón con grelos” e anunciou que “desde os servizos Sociais teremos tamén unha mesa solidaria para persoas sen recursos poidan ir a festa.”

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.