Comarcas

O de Redondela é o concello máis transparente de Galicia

Coma vén de sinalar o índice Dyntra, o Concello de Redondela ocupa o primeiro lugar en índice de transparencia superando a todos os concellos de Galicia, mesmo ás grandes cidades galegas.

O índice Dyntra, o mais aceptado e que sirve de referencia en moitos campos, puntúa a transparencia en función do cumprimento de 152 indicadores sendo o de Redondela o concello que mais información da ás súas veciñas e veciños.

Segundo subliña o alcalde, Javier Bas, a implantación da nova web municipal e “coa posibilidade de incluír na mesma moita mais información que na anterior, Redondela pasou a ocupar o primeiro posto en transparencia de toda Galicia”.

Entre os indicadores que cumpre o Concello de Redondela atópanse, por exemplo, as nóminas dos concelleiros, os seus curriculums, a axenda do alcalde, sinais económicos, coma a débeda municipal e a súa evolución, o orzamento municipal, con cada unha das partidas, o informe de estabilidade presupostaria, a publicación dos contratos públicos, os convenios subscritos ou as  subvencións e axudas concedidas.

“Sempre traballamos buscando a meirande transparencia e estábamos moi ben posicionados. A nova web fixo posible a inclusión de mais información polo que agora temos a satisfacción de ser o Concello mais transparente de Galicia”, sinala o alcalde, quen engade que “seguiremos traballando en prol da transparencia incluíndo cada vez mais información para que estea a dispor dos cidadáns”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.