Vigo al día

Xubilados galegos saen a rúa en defensa do sistema público de pensións

O colectivo de xubilados e pensionistas da CIG mobilizouse este mércores, con concentracións en Vigo, Lugo, Compostela, A Coruña, Pontevedra e Ferrol, en defensa do sistema público de pensións, do poder adquisitivo das mesmas e polo dereito a que as pensións mínimas sexan iguais ao Salario Mínimo Interprofesional.

No decurso das protestas entregáronse ademais, nalgunhas oficinas do INSS, escritos dirixidos tanto á ministra de Emprego e Seguridade Social, como ao ministro de Facenda, rexeitando o “exiguo” incremento dun 0,25% na súa contía.

Os escritos presentáronse en resposta ás cartas remitidas polo Ministerio nas que se anuncia a todas e todos os pensionistas que en 2018 as súas pensións subirán un 0,25%. Nelas denúnciase que, deste xeito, se está contribuíndo “inxustamente” ao empobrecemento do colectivo de pensionistas en Galicia “dado que o exiguo incremento que nos anuncia se afasta desproporcionadamente do IPC previsto polo seu propio Goberno para o 2018 (1,5%)”.

También te puede interesar