'Qué te cuentas?' Galicia

Galicia pechou 2017 con preto de 5,1 millóns de turistas

Así o sinalan os datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e que completan a radiografía do pasado ano.

Por primeira vez na súa historia, Galicia superou os 5 millóns de viaxeiros aloxados nos seus establecementos turísticos, onde realizaron máis de 10,6 millóns de noites, tamén un récord.

Ambos parámetros medraron un 3,2% e un 5,7% con respecto ao ano 2016. Esta evolución veu acompañada da mellora no resto de variables, como a estadía media, que subiu un 2,3%, a ocupación, que no caso dos hoteis se elevou en máis dun 4%, e a rendibilidade do sector.

También te puede interesar