Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Radiólogos de Vigo premiados pola Sociedade Norteamericana de Radioloxía

Radiological  Society  of  North  America ( RSNA), o foro científico internacional máis importante no ámbito da radioloxía, que acaba de reunir en Chicago a preto de 60.000 profesionais de todo o mundo, ven de premiar un estudo realizado por radiólogos do Servizo de Radioloxia a Área Sanitaria de Vigo sobre o uso da resonancia magnética para diagnosticar lesións benignas e  malignas que teñen a súa orixe na rexión  anorrectal e  perirrectal, máis aló do cancro de recto.

Este premio ven a sumarse aos múltiples Premios nacionais e internacionais acadados polo Servizo de Radioloxia na sua traxectoria, sendo o quinto que outorga a Sociedade Norteamericana de Radioloxía a  radiólogos vigueses.

Os radiólogos do complexo Hospitalario de Vigo presentaron este ano dúas Comunicacións que lle foran aceptadas. A primeira, “Not  Only  Rectal  Cancer  is  Present  in  Anorectal  and  Perirectal Rexión: Look  Beyond” foi asinada polos doutores Alfonso Iglesias, Mercedes Arias, Mónica Fernández, Marta Herreros, Beatriz Nieto e Jorge Mañas.

A segunda,“Virtual Colonoscopy with Colonoscopy Correlation. A visual Atlas”. Está  asinada por Jorge González, Rosa Bouzas, Enrique Ladera, Adrián Martínez, Rubén Díaz e Juan Vieito.

O primeiro de estes estudios recibeu un Certificado de Mérito outorgado pola RSNA. Alfonso Iglesias, radiólogo recentemente adscrito á Sección de Radioloxía do Abdome e Xenito-Urinario,  é o autor e o primeiro asinante desta Comunicación premiada. Esta é a terceira vez que acada un Premio neste importante Congreso.

Jorge González, autor e primeiro asinante da segunda comunicación, e Enrique Ladera, ambos os dous médicos Residentes do Servizo de Radioloxía veñen de recibir tamén un total de 5.5 Créditos cada un tras haber diagnosticado correctamente 11 casos/problema presentados aos asistentes, a modo de concurso, pola organización do Congreso.

Resonancia e Colonoscopias no cancro colorectal

Os dous estudos presentados están centrados na patoloxía Colorectal e máis especificamente no cancro desta localización e no seu diagnóstico diferencial.

O estudio premiado recolle a experiencia da Resonancia Magnética Multiparamétrica (RMM) para diagnosticar de maneira precisa unha serie de lesións benignas e  malignas que teñen a súa orixe na rexión anorrectal e  perirrectal.

Colonnoscopia virtual e mecánica

O segundo dos estudo basease  nunha correlación entre a Colonnoscopia virtual realizada no Servizo de Radioloxía e a Colonoscopia mecánica realizada polo Servizo de Patoloxía Dixestiva. O Servizo de Radioloxía do CHUVI foi pioneiro na implantación e desenrolo desta técnica en España. A colonoscopia virtual, usando a Tomografia axial Computarizada como ferramenta, permite recorrer o colon do paciente visualizando as súas paredes internas con fins diagnósticos. E unha técnica moi importante no diagnostico precoz do Cancro de Colon.

También te puede interesar