Ciencia y Tecnología Galicia

150 persoas sen emprego poderán beneficiarse das axudas do programa ‘Aprol da Economía Social’, cuxas bases xa están no Diario Oficial de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de convocar as bases da convocatoria de axudas do programa ‘Aprol Economía Social’ no que a Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste este ano 1,8 millóns de euros para apoiar o emprendemento colectivo.

Incentívase dunha banda, ás cooperativas e as sociedades laborais para que incorporen a novos socios con axudas de ata 15.000€ por cada persoa incorporada, sendo o máximo por entidade de 67.500€. Doutra banda, apóiase ás persoas desempregadas, con especial atención aos colectivos que máis o necesitan, para que se incorporen ás cooperativas e sociedades laborais, financiando a achega ao capital social obrigatorio e cotas de ingreso con ata 15.000€.

A estas axudas tamén poden acollerse as persoas que inician unha actividade por conta propia e se incorporan a unha cooperativa para a comercialización ou obtención de servizos.

A Xunta prevé beneficiar con estas axudas a 150 persoas sen emprego que atoparán un traballo a través dunha cooperativa ou sociedade laboral e a 50 entidades que amplíen o número de socios.

Este programa inclúe novidades con respecto ao ano pasado: amplíase o prazo de solicitude dos apoios, ata o 1 de outubro -o pasado ano o prazo foi dun mes-, e as axudas aumentarán nun 25% para os maiores de 45 anos e para os emigrantes retornados.

También te puede interesar