Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O Goberno de Galicia asegura que está a cumprir os prazos para que a Cidade da Xustiza estea rematada en 2019

O Goberno de Galicia afirma que está a cumprir cos prazos estipulados para que a Cidade da Xustiza sexa unha realidade no ano 2019 e xa comezou  a demolición do edificio circular do antigo Hospital Xeral.

A Xunta sinala que para axilizar a posta en marcha do edificio, o proxecto dividiuse en dúas fases: a de execución, coa demolición daquelas partes do edificio do antigo Xeral que están a ser retiradas, e unha segunda fase de obra de rehabilitación cun prazo de execución de 21 meses.

Respecto a primeira delas, os traballos iniciáronse coa demolición interior, practicamente terminada, e xa se deu comezo ao derribo da estrutura circular exterior e parte do anexo de Urxencias, onde o deseño do arquitecto Alfonso Penela ten proxectada unha grande praza no acceso a futura Cidade da Xustiza. O seguinte paso será o derribo dos patios laterais.

En canto á segunda fase, xa está autorizada a contratación das obras e tres empresas manifestaron o seu interese na transformación e adaptación do complexo do antigo hospital como futura infraestrutura xudicial. O investimento desta segunda fase é de preto de 30 millóns de euros.

Esta obra permitirá que se agrupen nun mesmo espazo as 35 unidades xudiciais da cidade; con espazo para futuras ampliacións de ata 22 unidades máis, facilitando o traballo dos profesionais, con 36.000 metros cadrados de instalación.

También te puede interesar