RGPD - Cookies
Vigo al minuto

O Goberno local de Ponte Caldelas recurre ante o Concello de Vigo o convenio para o trasvasamento de auga dende o Verdugo a Eiras

O Goberno local de Ponte Caldelas, presidido polo socialista Andrés Díaz, vén e presentar no Concello de Vigo un recurso no que insta ao goberno de Abel Caballero á anulación do  convenio que asinara coa Xunta de Galicia, e que fora aprobado pola Xunta local viguesa o pasado 29 de decembro, para asumir o pago do transvasamento do río Verdugo ao encoro de Eiras.

O goberno de Ponte Caldelas, que advirte a Augas de Galicia que si asina ese convenio acudirá á Xustiza,  indica nunha nota oficial que este recurso baséase no feito de que «o acto administrativo aprobado por Vigo adoece de vicios insalvables que o converten en nulo de pleno dereito», pois o Goberno vigués «non pode comprometerse a financiar unha obra fóra do seu ámbito territorial».

Ademáis diso, o convenio non é legal porque baséase na declaración de emerxencia, feita en decembro por  Augas de Galicia e que xa non está en vigor dende hai varias semanas, o que suporía, indica o Concello de Ponte Caldelas, que o devandito convenio está apoiado por “antecedentes e fundamentos xurídicos inexistentes».

También te puede interesar