Galicia Sucesos

80 feridos nas estradas galegas nunha fin de semana sen mortos en accidente de tráfico

O 061 asistiu durante a fin de semana a 80 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 12 de xaneiro e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 14.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 53 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 80 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 70. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en tres sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nun accidente, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 56 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en cinco sinistros.

En 69 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en  11   ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar