Vigo al minuto

O Concello aproba unha partida de 1.640.000€ para axudas ás familias con menos recursos para pagos de vivenda, alimentación e subministros enerxéticos

Esta iniciativa, sinalou o alcalde, forma parte dos 2.532.000€ que adica o Concello este ano ao efecto, partida que se incrementa este ano con respecto aos 2,4 millóns de 2017.

Segundo estipulan as bases, os solicitantes deben estar empadroados en Vigo durante 3 anos, cando menos, e cumprir cos requisitos de renda esixidos. Os interesados poden presentar a súa petición no Rexistro do Concello nos vinte días hábiles tras a publicación oficial da convocatoria, que será resolta e notificada en tres meses.

Na convocatoria do pasado ano, o Goberno municipal concedeu 1.947 axudas económicas para pago de alimenos, outras 1.898 para abonar gastos de enerxía nas vivendas e 1.454 para alugueres e hipotecas.

Teleasistencia

Así mesmo, o goberno vigués deu luz verde á clasificación de ofertas do servizo de teleasistencia domiciliaria. Segundo lembrou o alcalde, o Concello reserva máis de 93.000€ para un contrato dun ano no que se ofrece apoio domiciliario ás persoas maiores, as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Caballero sinalou que actualmente se benefician deste servizo municipal un total de 550 persoas, das que 448 son maiores de 80 anos e 501, mulleres.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.