O vicepresidente do Goberno de Galicia está dacordo co máximo responsable da Dirección Xeral de Tráfico para quen o feito de que milleiros de persoas-entre eles familias enteiras- quedasen atrapadas na AP-6 por mor da neve foi culpa delas.
Alfonso Rueda, logo de expresar a súa “solidariedade» e a do Goberno galego coas miles de persoas que quedaron atrapadas o pasado sábado na AP-6 nas provincias de Madrid e Segovia-entre elas ducias de galegos- subliñou que as malas condicións meteorolóxicas «anunciáronse e coñecíanse».
En relación coas estradas galegas, o vicepresidente Rueda asegurou que a Xunta está tomando as medidas que debe “ante situacións meteorolóxicas como as que se anunciaron e coñecíanse».