Video Vigo al minuto

#RegalaIgualdade porque o único que marca as diferenzas de xénero son os prexuízos

Desterrar os estereotipos sexistas que se transmiten desde a publicidade e a sociedade e deixar craro que non hai xoguetes para nenas e xoguetes para nenos, “regalar igualdade”. Ese é o obxectivo da campaña «Se non xoga non é un xogo. #RegalaIgualdade» impulsada pola a Deputación de Pontevedra.

Nun vídeo que podes ver premendo aquí, amósase a alcaldesas, enfermeiros, canteiras, auxiliares de voo, bombeiras, modistos, arquitectas, bailaríns, informáticas, coidadores ou mulleres astronautas, que demostran que, coma salienta a presidenta da Deputación, Carmela Silva, “o único que marca a diferenza é algo que non existe en realidade, que é só froito dos prexuízos, e que poden ser o que elas e eles queiran ser, sexan mulleres ou sexan homes».

Esta campaña tenta subliñar que cando escollemos os xoguetes estamos a facer algo moi importante. A sociedade ten unha enorme responsabilidade xa que dependendo dos xoguetes e xogos que promovamos apostamos pola igualdade ou pola desigualdade.

“Se non se xoga en igualdade, ás rapazas e ás nenas estamos marcándolles os estereotipos desde que nacen», denuncia Carmela Silva.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.