Vigo al minuto

O Pleno do Concello aproba o orzamento para 2018 que supera os 256,5 millóns de euros

O Pleno da Corporación, celebrado este mércores, aprobou de xeito definitivo o Orzamento do Concello para o ano 2018 co apoio dos 17 concelleiros do PSOE e os votos en contra dos 3 de Marea de Vigo e dos 7 Partido Popular.

O alcalde destacou que esta é a undécima vez consecutiva que se aproba os orzamentos, mentres que o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, expuxo no debate o carácter social e inversor dun orzamento dedicado a satisfacer as necesidades cidadás e destacou a suba dun 6% das partidas de emprego, das partidas de educación (un 5,85%) ou a dedicación ao deporte que medra un 31%.

O voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez, explicou o voto negativo do seu grupo sinalando que os orzamentos non contemplen formas de participación para ter en conta as propostas cidadás e o representante do Partido Popular, Miguel Fidalgo, salientou que Vigo é un dos concellos que máis sobe os impostos ano a ano e que peor xestiona o seu presuposto.

También te puede interesar