Vigo al minuto

O Concello adxudica o novo servizo da ‘ORA’ que permitirá xestionar o aparcamento do coche dende o teléfono móbil

O alcalde informou este venres da adxudicación da contratación do servizo da ‘zona azul’, á oferta mellor puntuada polos técnicos, neste caso presentada por Dornier.

Abel Caballero indicou que  o contrato é de 10 anos con posibilidade de dúas prórrogas dun ano cada unha, e a empresa proporcionará ao servizo un turismo, dous vehículos de transporte de mercadorías e unha motocicleta.

Caballero salientou a importancia de que a adxudicataria instalará 27 postes de recarga para vehículos eléctricos en Vigo, 9 destes no primeiro ano de contrato e os 18 restantes, ao longo dos cinco primeiros anos. Os parquímetros serán puntos de información municipal relacionados coa mobilidade.

O alcalde subliñou a incorporación das novas tecnoloxías ao servizo, que fará posible que o condutor poida prorrogar a estadía do seu vehículo na praza de zona azul desde o seu móbil. Con información da ocupación a tempo real, o goberno de Vigo prevé adaptar o tempo máximo en cada zona da cidade ao uso que fan os cidadáns.

También te puede interesar