Vigo al minuto

@Xunta oferta 183 cursos formativos para personas desempregadas da comarca de Vigo

O Goberno de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, subvenciona nos concellos da área territorial de Vigo un total de 183 cursos formativos no marco do plan AFD (accións formativas dirixidas primariamente a persoas desempregadas) dos que se beneficiarán 2.745 veciños e veciñas da comarca.

Segundo informa a Xunta, nestes cursos invístense máis de 8,6 millóns de euros dos 14,4 que se reparten toda a provincia de Pontevedra.

As accións formativas, sufragadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, están organizadas por concellos, empresas, organizacións empresariais e diversas entidades sociais e enfócanse a incrementar as posibilidades dos beneficiarios de incorporarse novamente ó mercado laboral.

Concretamente, na comarca de Vigo están programados 183 cursos, 25 dos cales están organizados polos concellos (Cangas, Moaña, Mos, Nigrán, O Porriño, Salceda de Caselas e Soutomaior) e 158 organizados por empresas e diversas entidades sociais.

También te puede interesar