Comarcas

O Concello de Redondela forma a funcionarios no linguaxe de sinais para mellorar a atención as persoas con problemas auditivos

Un total de 12 funcionarios de todos os departamentos do Concello de Redondela iniciaron o pasado día 3 de novembro un curso de linguaxe de sinais, que abrangue unhas 30 horas, e que rematará o vindeiro día 29 de decembro.

Esta iniciativa forma parte do programa impulsado pola Concellería de Benestar e Igualdade, dirixida por María el Carmen Amoedo, que ten coma obxectivo «mellorar a accesibilidade a todos os servizos municipais das persoas con problemas auditivos».

O proxecto, dirixido pola  la Organización de Xordos de Galicia (Xoga) abrangue outras iniciativas que xa son unha realidade, coma a instalación de dous ‘bucles magnéticos’, un deles nas oficinas do Rexistro do Concello e outro no Auditorio da Xunqueira- e nas vindeiras semanas tamén no de Chapela- que permite ás persoas con dificultades de audición recibir directamente o son nos seus audiófonos, evitando todo ruído externo, o que facilita que poidan realizar calquera xestión ou gozar dos espectáculos que se programen no Multiusos.

O programa, que conta cun orzamento total de 8.000€, complétase con material escrito-dispoñible en DVD- e sinais axeitadas nos distintos edificios públicos municipais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.