Vigo al minuto

@depo_es aproba o seu Plan de Igualdade, «o primeiro dunha administración pública en España»

Carmela Silva, xunto á deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, deu a coñecer este venres a aprobación, por unanimidade, do primeiro Plan de Igualdade da Deputación de Pontevedra que segundo subliñou a presidenta, “trátase do primeiro dunha administración pública española que se elaborou en base a unha auditoría laboral de xénero, que contén unha análise exhaustiva da área salarial do persoal baixo a perspectiva de xénero, cumprindo os termos establecidos en todas as recomendacións”.

O 17 de outubro de 2017 levouse á Mesa do Congreso unha proposta para a inclusión da auditoría laboral de xénero coa finalidade de desenvolver o compromiso de transparencia salarial establecido na recomendación da Comisión Europea do 7 de marzo de 2014. Estas cuestións, levadas ao Congreso dos Deputados hai dous meses, “xa as tiñamos nós contemplado antes, polo que somos a primeira administración española en elaborar un Plan de Igualdade en base a esta auditoría”, afirmou Carmela Silva.

Silva subliñouque o Plan de Igualdade tamén contén todas as medidas que contempla o Pacto do Estado en materia laboral que se ten aprobado recentemente, así como as medidas que o Senado recolleu contra as violencias machistas. Por estes motivos, “estamos a dar un paso máis adiante xa que as cuestións abordadas no Pacto do Estado en materia laboral e contra as violencias machistas aínda non foron desenvolvidas e nós xa as estamos a promover, antes que ningunha outra administración, a través do noso Plan de Igualdade”, indicou Silva.

A presidenta da Deputación de Pontevedra informou que o Plan de Igualdade ten unha vixencia de tres anos e pretende dar cumprimento á normativa existente no Estado e á lexislación galega, pero ampliando o concepto de discriminación en liña cos obxectivos do Convenio de Istambul.

Así, tal e como asegurou Silva, a través deste plan elimínase toda discriminación contra as mulleres e permite seguir avanzando no desenvolvemento dun marco favorable de relacións laborais baseado na igualdade de oportunidades, a non discriminación e a tolerancia cero ante as situacións de violencia contra as mulleres, promovendo un entorno seguro e saudable para todo o persoal ao servizo desta administración”.

Para elaborar o primeiro Plan de Igualdade da Deputación realizouse un estudo en profundidade dos distintos servizos da institución.  Desta análise extraéronse cuestións como que o cadro de persoal está integrado por un 60% de mulleres, que a representación de mulleres nos postos de toma de decisión é maior que a media das entidades locais, que existe unha maior representación sindical de homes que de mulleres, que elas desenvolven o seu traballo nas áreas de política social e réxime interior, que existen servizos masculinizados, que non se estaban impartindo cursos formativos en materia de sensibilización en igualdade e que o Pleno e a Xunta de Goberno está composto por un 44% de mulleres e un 56% de homes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.