Axentes da Garda Civil de Tráfico do Porriño denunciaron a fin de semana ao condutor dunha ambulancia que, logo de ter un accidente contra outro vehículo na A-55 e fuxir do lugar, deu o triplo do mínimo permitido na proba da alcolemia.
Galicia Confidencial informa de que a intervención da Garda Civil prodúxose logo de que varias persoas chamasen a Emerxencias informando de que unha ambulancia circulaba facendo zigzag pola autovía A-55.
Logo do accidente con outro coche-do que fuxiu o condutor da ambulancia- os axentes poideron saber que a ambulancia facía o traslado de tres pacientes de diálise desde o Hospital Álvaro Cunqueiro ao Rosal.
O chofer da mesma foi localizado en Tabagón, xa no Rosal, e logo de someterse as probas, deu que triplicaba a taxa de alcol permitida para este tipo de profesionais.
Axiña, a Garda Civil inmobilizou a ambulancia e o seu condutor foi denunciado por superar a taxa de alcol permitido e por “unha falta de respecto e consideración, polo seu comportamento e malos modos durante a realización das probas de alcoholemia”.