Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O persoal do servizo de mantemento do Cunqueiro podería ir a unha folga indefinida dende a vindeira semana

O persoal de Veolia, concesionaria do servizo de matemento do hospital Álvaro Cunqueiro, pechou este martes as primeiras mobilizacións convocadas para reclamar un convenio colectivo no centro de traballo “que remate coas diferenzas salariais e laborais entre os traballadores”.

A vindeira semana, indican dende o Comité de Empresa, presidido pola CIG, levarán a cabo un “novo calendario de protestas” que se desenvolverá a diario no centro sanitario entre o luns 11 e o venres 15 de 10 a 11 da mañá e de 2 e media a 3 e media da tarde.

Ademais, o luns día 11 levarán a cabo unha asemblea de traballadores no que “o comité de empresa proporá enviarlle un escrito ao xerente da Área Sanitaria de Vigo solicitándolle unha xuntanza para abordar a problemática laboral, convocar folga indefinida e externalizar o conflito mediante a colocación de pancartas pola cidade e o reparto de panfletos informativos”.

También te puede interesar