Comarcas Vigo al minuto

@En_Marea pide ao Goberno de Galicia que trate a contaminación por lindano, no Porriño, como un problema de saúde de primeira orde

A deputada de En Marea Eva Solla preguntou á Xunta que medidas vai adoptar para “asegurar o dereito á saúde dos galegos, neste caso dos veciños afectados”. Entre outras cousas, En Marea como se vai contralor a presenza de lindano e tamén que tipo de información se lle vai ofrecer aos profesionais da saúde do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) para que fagan fronte aos problemas derivados da presenza do Lindano.

A vicepresidenta do Parlamento Galicia reclamou á Consellería de Sanidade que atenda un problema que ten “unha gravidade estrema“. En Marea considera que a presenza de Lindano no Porriño é un asunto de saúde pública de primeira orde e esta formación considera que a Xunta de Galicia debería consideralo de igual modo.

Solla explicou no pleno da Cámara galega que no concello de Porriño haberá arredor de 1.000 toneladas de residuos, en moitos casos en espazos onde se atopaba a fábrica de Zeltia e que, en 1975, se convertiron en solares para construír vivendas sociais.

Ademais de preguntar polas medidas que tomará a consellería, Eva Solla sinalou o proceder de que diante da aparición do lindano se permitirá “a barbaridade de asfaltar por riba”, sen establecer un protocolo sanitario que advirta aos veciños e aos profesionais de como se deben previr os efectos desta contaminación. Solla lembrou que en Aragón están encapsulando os residuos pero parece que a Xunta non ten prevista ningunha intervención en ningún sentido que signifique protexer as veciñas afectadas posto que no Porriño “a xente pode tocar o lindano coa man ata o punto que se fixo un parque nese mesmo espazo”.

Non houbo prevención por parte da Xunta a pesar de que que en 2012 a Confederación Hidrográfica Miño-Sil na que se explicaba que as augas estaba afectadas por esta mesma contaminación.

También te puede interesar