Galicia

@depo_es agarda para esta ponte da Cosntitución unha ocupación hoteleira do 64%, 24 puntos maís que hai un ano

O organismo turístico da Deputación de Pontevedra estima que a ponte que comeza este mércores contará cunha ocupación media do 64%. As estimacións provinciais, que manteñen a tendencia alcista rexistrada ao longo de todo este ano 2017, supoñen ata 24 puntos por riba do previsto na mesma ponte do 2016, cando se agardaba un 40% de ocupación.

Turismo Rías Baixas cre que a ocupación máis alta espérase na comarca de Caldas, cun 98%. Seguen a Caldas, O Condado e A Paradanta co 85% de ocupación e O Salnés co 81% previsto. Para a comarca de Pontevedra, o organismo turístico da Deputación de Pontevedra espera unha ocupación do 70% e para as comarcas do Morrazo así como Vigo superior ao 52%. Pola súa banda, as estimacións para O Baixo Miño se sitúan no 45% e no 35% para as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes.

En canto ao turismo rural, Turismo Rías Baixas estima que a ocupación media para a provincia de Pontevedra será superior ao 32%, é dicir, case 20 puntos por riba do estimado na mesma ponte do 2016 para este tipo de establecementos.

De confirmarse estes resultados previstos polo organismo da Deputación de Pontevedra, o 2017 se situaría como o mellor ano turístico da última década. De feito, o pasado verán foi cualificado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, como “espectacular, o mellor desde que temos rexistros” ao superar o 83% da ocupación media na provincia de Pontevedra, é dicir, ata cinco puntos por riba do verán do 2016.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.