Comarcas Vigo al minuto

@regades pecha a súa campaña á secretaria xeral dos socialistas da provincia cun acto a prol da Igualdade

David Regades pechou este venres a súa campaña de cara a elección,o vindeiro domingo, día 3, do próximo secretario xeral dos socialistas na provincia cun acto a prol da Igualdade, na Alameda de Pontevedra, no que estivo acompañado por destacadas militantes do Partido dos Socialistas de Galicia, entre elas a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, a concelleira de Benestar de Vigo e deputada responsábel de Igualdade da Deputación, Isaura Abelairas, a tamén deputada Digna Rivas, o actual secretario xeral dos socialistas da provincia, Santos Héctor, amais de concelleiras de distintas vilas de toda Pontevedra.

O candidato lembrou que na actualidade, en todo o mundo, menos dun 8% dos seus países están dirixidos por mulleres, o 20% dos cargos directivos das empresas españolas están ocupados por mulleres, ou menos do 38% dos postos executivos dos partidos políticos, e iso que “as mulleres representan máis da metade da poboación  e son o 60% das persoas que se gradúan na universidade”.

Regades expuxo datos arrepiantes coma que 215 galegas son vítimas das violencias machistas; o feito de que o Ministerio de Interior contabilizou 10.844 delitos contra a liberdade sexual no ano 2016; que un estudo realizado entre 1.200 mozos de entre 15 e 29 anos pon de manifesto que o 27,4 % deles considera que a violencia de xénero é unha conducta normal na parella, un de cada 3; que o acoso escolar a través das redes sociais representa 1 de cada 4 casos e no 70% das ocasións a vítima é unha muller ou que as mulleres gañan ata un 15% menos que os seus colegas masculinos en todos os países da OCDE.

“Por estas e por mais razón temos que dar un impulso cara á igualdade. Todas e todos imos loitar por unha sociedade máis decente. O socialismo aposta polo desenvolvemento dunha sociedade sá, dunha sociedade xusta, dunha sociedade igualitaria, en definitiva dunha sociedade más democrática”, sinalou o candidato.

Entre as súas propostas, unha vez que empece a traballar a nova directiva do PSdG-PSOE na provincia pasan polo fomento da igualdade de oportunidades, a implantación da perspectiva de xénero, a “visibilización e empoderamento das mulleres en todos os eidos, o político, o empresarial, o laboral, o rural, o cultural, o deportivo”, a loita contra a violencia machista, unha batalla, que salientou David Regades, “precisa recursos, que só as e os  socialistas temos posto recursos e esforzos neste eido, concienciar, formar, previr…non podemos esperar a lamentar mais asasinatos”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.