RGPD - Cookies
Comarcas

O Concello de Redondela destina 100.000€ a subvencionar a asociacións que promoven a inclusión social dos seus veciños

Maria del Carmen Amoedo, concelleira de Benestar Social

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPP) do mércores, 15 de novembro, publicou as bases da convocatoria de Subvencións da Concellaría de Benestar Social de Redondela, que dirixe María del Carmen Amoedo, dirixidas a a asociacións, inscritas no Rexistro Municipal do Concello de Redondela, que leven a cabo leven a cabo programas no término municipal de Redondela ou que interveñan coa poboación empadroada no municipio en prevención da exclusión social ou promoción da inclusión social, promoción do voluntariado social, atención a infancia en colectivos que traballen con nenos e nenas redondeláns, prevención do illamento social das persoas maiores do municipio e prevención e promoción do coidado da saúde física, psíquica e social.

O orzamento total destinado a esta convocatoria é de 100.000€ e estas subvencións son compatíbeis con outras, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais, salvo con outras subvencións concedidas polo Concello de Redondela ou convenios de colaboración asinados co Concello.

O prazo para solicitar estas axudas é de 15 días naturais contados a partires do día seguinte ao da publicación do seu extracto no Boletín Oficial da Provincia.

Para o outorgamento das mesma terase en conta a repercusión no municipi, o número de participantes por programa, duración no tempo das actividades a realizar e tipo de actividade.

También te puede interesar