Vigo al minuto

Os estudantes piden a derogación da LOMCE e o fin dos recortes no ensino público

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público participou esta mañá nas mobilizacións do estudantado galego que este xoves foi á folga para reclamar a derrogación da LOMCE, a fin dos recortes no ensino público e a elaboración dunha Lei Galega de Educación.

Baixo o lema «Imos baleirar as aulas para encher as rúas», estudantes do ensino medio e superior de Galicia, convocados por Erguer, desenvolveron manifestacións e concentracións en 13 puntos do territorio galego.

Outra das reivindicacións que motivaron a convocatoria desta folga é a esixencia ao goberno da Xunta de que impulse a elaboración dunha Lei Galega de Educación que «protexa a nosa lingua e a nosa cultura tanto no currículo académico como de forma transversal».

A convocatoria de folga vai máis aló da LOMCE ou do Decreto do 3+2 nas Universidades. «Os sucesivos recortes e o desprezo cara a toda a comunidade educativa que veñen realizando os gobernos da Xunta e de Madrid no ensino galego nos últimos anos tamén están enriba da mesa como causas deste paro estudantil».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.