Cultura

A Mesa denuncia que o Goberno de Galicia desbota empregar o galego nos cursos de formación

A Mesa pola Normalización Lingüística, a través da Liña do Galego, informa de que recibiu diversas denuncias sobre a exclusión do galego nos cursos de formación subvencionados con cartos públicos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para persoas desempregadas e empregadas.

“A exclusión da lingua propia de Galicía é total, pois vai a oralidade até os libros de texto ou os exames que están exclusivamente en castelán”, sinalan dende a Mesa nunha nota na que indican que “non entendemos que a propia administración pública, que ten como obriga promover o uso da lingua galega, é a primeira en excluíla da súa formación”.

Para o presidente da Mesa Marcos Maceira, “se da formación se exclúe a lingua galea, despois tamén se excluirá das relacións sociais e económicas” polo tanto, “onde fica a liberdade de escolla que tanto pregoa o goberno da Xunta de Galicia?”.

A Mesa promove unha iniciativa lexislativa popular (ILP) para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico cun amplo apoio social con 28.000 sinaturas e ducias de empresarios e empresarias. “É ilóxico que o propio goberno galego elimine a lingua que ten a obriga estaturaria de promover, queremos que cesen no seu ataque á lingua propia deste país” salienta o seu presidente.

Ante esta situación, a Mesa tramitará un expediente informativo detallando a lexislación que a Consellaría incumpre. “Diversas normas legais entre as que están a Lei de normalización lingüística, o Plan xeral de normalización da lingua galega até o propio Estatuto de Autonomía”.

También te puede interesar