Cultura

A Mesa denuncia que o Goberno de Galicia desbota empregar o galego nos cursos de formación

A Mesa pola Normalización Lingüística, a través da Liña do Galego, informa de que recibiu diversas denuncias sobre a exclusión do galego nos cursos de formación subvencionados con cartos públicos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para persoas desempregadas e empregadas.

“A exclusión da lingua propia de Galicía é total, pois vai a oralidade até os libros de texto ou os exames que están exclusivamente en castelán”, sinalan dende a Mesa nunha nota na que indican que “non entendemos que a propia administración pública, que ten como obriga promover o uso da lingua galega, é a primeira en excluíla da súa formación”.

Para o presidente da Mesa Marcos Maceira, «se da formación se exclúe a lingua galea, despois tamén se excluirá das relacións sociais e económicas» polo tanto, «onde fica a liberdade de escolla que tanto pregoa o goberno da Xunta de Galicia?».

A Mesa promove unha iniciativa lexislativa popular (ILP) para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico cun amplo apoio social con 28.000 sinaturas e ducias de empresarios e empresarias. «É ilóxico que o propio goberno galego elimine a lingua que ten a obriga estaturaria de promover, queremos que cesen no seu ataque á lingua propia deste país» salienta o seu presidente.

Ante esta situación, a Mesa tramitará un expediente informativo detallando a lexislación que a Consellaría incumpre. “Diversas normas legais entre as que están a Lei de normalización lingüística, o Plan xeral de normalización da lingua galega até o propio Estatuto de Autonomía”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.