RGPD - Cookies
Vigo al día

O Concello presentará recurso de inconstitucionalidade contra o cofinanciamento das políticas sociais da Xunta

O goberno municipal acudirá á vía administrativa, en primeiro lugar, e á vía contenciosa, despois, propoñendo cuestión de anticonstitucionalidade contra a Lei da Xunta de Galicia que obriga ao Concello a pagar o 30% das escolas infantís e dos centros de día de titularidade autonómica.

«É un escándalo sen precedentes», sinlou este luns o alcalde, porque supón unha diminución da política social da Xunta en Vigo. A cidade debe aboar 205.000€ para cofinanciar as escolas infantís e 350.000€ para os centros de día que o goberno autonómico ten na cidade, o que a xuízo de Abel Caballero supón «pagar unha parte da política social da Xunta».

Ademais, o alcalde anunciou que tratará «este abuso da Comunidade Autónoma de Galicia» na próxima reunión da Federación Española de Municipios e Provincias.

También te puede interesar