Vigo al minuto

O Cunqueiro chega aos 2 millóns de pacientes atendidos

O Hospital Álvaro Cunqueiro rendeu homenaxe este luns pola mañá á súa paciente 2 millóns desde a apertura do novo hospital, o 29 de xuño de 2015.

Trátase de Mónica López Raposo, de 40 anos que acudiu á cita que tiña en consultas externas, dentro do proceso de revisión periódica que debe seguir, tras unha intervención cirúrxica que lle realizou o equipo do servizo de Neurocirurxía.

O acto consistiu nunha sinxela homenaxe ao que asistiron o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; o xerente da área sanitaria de Vigo, Félix Rubial; e o xefe do servizo de Neurocirurxía, Cesar Conde.

“Este acto pretende ser un recoñecemento cariñoso a todas aquelas persoas que, desde que o Álvaro Cunqueiro abriu as súas portas, necesitaron de asistencia sanitaria no hospital”, destacou Vázquez Almuiña.

Destes 2 millóns  de actos sanitarios, 1.484.497 pacientes atendéronse en Consultas Externas e 62.746 nos Hospitais de Dia (Oncohematolóxico, Diálise, Pediátrico e Obstétrico). Ademais, 21.213 foron intervidos cirurxicamente.

Neste período de tempo tamén rexistráronse 361.564 atencións en Urxencias e 69.980 ingresos hospitalarios .

También te puede interesar