Vigo al día

@AsembleaDeCoia ‘péchase’ este sábado na parroquia Cristo da Vitoria en solidariedade cos integrantes de ‘La Insurgencia’

Asemblea Aberta de Coia convoca un ‘Peche Solidario’, este sábado, día 28 de outubro, de mediodía a media noite nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria. “Pechámonos, como o fixemos a comezos de ano, para amosar o noso apoio e agarimo á rapazada de “La Insurgencia” que por facer cancións corre o risco de seren duramente reprimidos”.

Os días 2 e 3 de novembro os 12 rapeiros deste colectivo musical serán xulgados na Audiencia Nacional. A petición para cada un deles é de: 2 anos e 1 día de cadea, 4.800€ de multa e 9 anos de inhabilitación para cargo público.

“Para demostrar, de novo, que en común podemos facerlle fronte á represión”, Asemblea Aberta de Coia convida a quen queira a participar nas actividades organizadas: 12:00 – Presentación do peche e rolda de prensa; 12:30 – Recital de poesía; 14:00 – Xantar compartido; 16:30 – Obradoiros; 18:30 – Proxección e coloquio sobre o caso de “La Insurgencia”; 20:30 – Cea (venta de choripán e perritos); 21:30 – Micro aberto poesía e música; 22:00 – Concerto “La Insurgencia”. Ademáis, durante todo o día haberá exposición de fotografías e mercadillo solidario.

También te puede interesar