Comarcas Vigo al minuto

@AsNevesConcello precisa a axuda de enxeñeiros, arquitectos, fontaneiros, avogados ou electricistas para reconstruir a vila

O Concello das Neves pide axuda para reconstruir a vila logo do incendio que afectou ás súas 13 parroquias e ao 90% do territorio municipal.

https://www.facebook.com/vamvigoalminuto/videos/1878508765496983/

En concreto, o Concello sinala que precisa fontaneiros, electricistas, enxeñeiros, arquitectos, fontaneiros, programadores informáticos ou avogados que «poidan botar unha man de xeito altruísta».

As Neves ten, coma xa informou vigoalminuto, problemas que van dende a necesidade de rexenerar o chan queimado, evitar que o mesmo chegue aos ríos; familias que perderon as súas casas, dificultades co subministro de electricidade, coa cobertura de telefonía móbil, mesmo co funcionamento dos teléfonos fixos; veciñas e veciños que quedaron sen traballo, sen os seus negocios ou empresas.

Esto fai que o Concello pida a axuda, especialmente de enxeñeiros agrónomos e forestais, biólogos e avogados que axuden aos veciños na solicitude e tramitación de axudas o una presentación de denuncias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.