Vigo al minuto

Veciños de Teis e Chapela piden que a Autoestrada sexa treito urbano dende as Torres de Padín ao centro de Vigo

Membros da Asociación Veciñal de Teis e Chapela realizaron este xoves pola mañá un acto simbólico para reivindicar do Ministerio de Fomento e do Goberno de Galicia, que se convirta en tramo urbano a autoestrada AP-9 desde as Torres de Padín até o centro de Vigo.

“Ambas asociacións sempre defendemos converter en vía urbana a AP-9 no tramo cara o centro da cidade de Vigo, isto permitiría mellorar as comunicacións nos barrios de Teis e Chapela e a eliminación do tráfico de camións”, sinalan os veciños.

En todo caso, a asociación vecinal entende que a vía urbana deberá ser desde onde comeza o termo municipal, desde as Torres de Padín e non limitalo só desde a avenida de Buenos Aires.

A Asociación Veciñal de Teis e de Chapela, xunto a converter en tramo urbano a AP-9 a súa entrada a Vigo, consideran necesario eliminar a peaxe no tramo Rande-Vigo, «despois de 35 anos desde a apertura da AP-9, seguimos pagando por este tramo que forma parte do aceso á cidade, cando outras cidades galegas carecen de peaxe nos seus acesos».

A Asociación Veciños de Chapela, solicita a convocatoria da comisión de seguimento das obras de ampliación da AP-9, que leva desde o mes de febreiro sen convocarse. As obras comprometidas non se realizaron e o tramo está a piques de rematar.

Por último, sinalar que ambas asociacións, acordaron que “si non hai resposta as nosas reivindicacións, convocaremos mobilizacións nas próximas semanas”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.