Galicia

@ponteareas_gal ‏ liquida duas «débedas históricas» de máis de 340.000 euros

O Concello de Ponteareas vén de saldar a “débeda histórica” coa empresa Construcciones Crespo ao liquidar a última parte do pago pendente por valor de 203.364,45€, quedando xa só pendente de pago os intereses de demora dende 2008 que superará os 50.000€ que serán pagados antes de rematar o ano.

Segundo informa o Goberno local, a débeda con Construcciones Crespo, ten a sua orixe nun contrato realizado en 2006 polo goberno do PP para a realización de obras de mellora de viais. Estes traballos estaban financiados polo Ministerio de Fomento e “o goberno do PP, en lugar de pagar a obra como estaba obrigado, desviou o diñeiro para outros gastos» afirmou o concelleiro de Facenda Francisco Alonso.

Esta débeda é consecuencia dunha resolución xudicial co agravante de que xa en 2008 houbo unha primeira condena e acordo de pago que o goberno de Salvador González e Belén Villar incumpriron en todos estes anos”, engadíu Alonso

O Goberno local tamén ven de liquidar o resto da débeda contraída en 2011 coa entidade pública da Xunta, Aguas de Galicia, pola obra da planta potabilizadora da rede municipal de auga, por importe de 138.114,25€, cifra a que haberá que sumar os correspondentes intereses antes de fin de ano

O concelleiro de Facenda e Persoal, Francisco Alonso explica que “no momento que asumimos o Goberno Municipal, en xuño de 2015, a situación económica era grave e ademais durante os seguintes meses recibimos varias condenas e sancións que limitaron moitísimo o marxe de actuación, obrigando a destinar boa parte dos recursos a pagar as débedas históricas dos gobernos do PP”.

“Neste ano tamén se liquidou boa parte da débeda histórica coa empresa Sestelo e coa Seguridade Social, ademais de préstamos bancarios”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.