Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

A reforma da Gran Vía, coa rampa deslizante entre Urzáiz e Praza de España, estará rematada a principios de 2019

Fotografía:CV

O alcalde anunciou que ao longo deste trimestre concluirá a redacción do proxecto de rehabilitación e transformación da Gran Vía, entre Urzáiz e a Praza de España, para ser posteriormente licitado e contratado no segundo trimestre de 2018. O prazo estimado de obra é de 12 meses, co que a finalización se prevé para “marzo ou abril” de 2019.

Abel Caballero, xunto ao segundo tenente de alcalde e concelleiro de Fomento, David Regades, presentou algúns esbozos do proxecto ás direccións local e rexional de El Corte Inglés. Segundo apuntou o alcalde, o goberno vigués citará ao resto de comerciantes da Gran Vía para buscar tamén a súa “complicidade” na remodelación.

O Concello ten contratado por 122.000€ a redacción do proxecto de mellora, que permitirá salvar os 650 metros de lonxitude entre Urzáiz e a Praza de España en aproximadamente 3 minutos.

A actuación municipal respectará os catro tramos nos que actualmente se divide o bulevar central, onde instalará once ramplas mecánicas para dotar de “porosidade” á zona, e poder ter máis puntos de acceso e saída das pasarelas.

Caballero indicou que a remodelación incorporará prantexamentos “absolutamente sorprendentes” para cada un dos catro tramos do bulevar central, que serán diversos en vexetación e ofrecerán propostas distintas. A modo de exemplo, o alcalde citou unha praza “improvisada” con espazos para sentarse, un xogo de tecnoloxía e natureza, unha gran fonte, unha escultura, un proceso de obtención de enerxía coas pegadas ou zona WiFi.

Na mazá ante El Corte Inglés, no treito que comprende desde Ecuador á rúa Venezuela, “haberá unha gran praza de sesenta metros de ancho e cen metros de largo”, con “puntos de encontro” mediante “un sistema de ordenación semafórica” que faga posible un espazo “diferente na cidade”.

No tocante ao orzamento, o alcalde recordou que o Concello obtivo 15 millóns de euros dos Fondos FEDER europeos para o proxecto Vigo Vertical, que inclúe esta actuación na Gran Vía, cun custo estimado entre os 8 e 9 millóns de euros. Ademais da subvención europea –“a maior conseguida por ningunha urbe española nesta convocatoria europea”-, o goberno de Vigo completará o orzamento cunha partida engadida de 3.750.000€.

También te puede interesar