Cultura Sucesos

O persoal do GES do Val Miñor mobilízase contra a precariedade laboral

O cadro de persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Val Miñor comezou hoxe un calendario de mobilizacións para denunciar a precariedade laboral e reclamar un convenio colectivo que regule as condicións de traballo. As protestas inclúen concentracións nos mercadiños e diante das casas consistoriais de Baiona, Gondomar e Nigrán.

Dende a CIG denuncian que o GES do Val Miñor carece dende hai dez anos dun convenio colectivo que regule os dereitos laborais do cadro de persoal, tendo que aturar unhas condicións salariais e materiais de absoluta precariedade. Así, critican que as nóminas rondan os 850 euros ao mes e que os vehículos que usan para desprazarse e para apagar o lume, así como as ferramentas utilizadas para a excarcelación de persoas, se atopan en mal estado.

Diante disto, optaron por convocar unha serie de protestas para reclamarlle á Mancomunidade que poña fin a esta situación. As mobilizacións comezaron esta mañá cunha concentración no mercadiño de Sabarís-Baiona, e está previsto que se prolonguen durante este mes.

O xoves día 5 acudirán ao Concello de Baiona ás 11 e media da mañá, mentres que pola tarde trasladaranse ao de Gondomar. Para o día 16 teñen previsto concentrarse de novo no mercadiño a partir das 10 e media e o 25 farano no Concello de Nigrán ás 7 e media da tarde.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.