Comarcas

@depo_es aproba novas achegas por un total de 538.000€ para os concellos de Covelo, A Estrada, Ponte Caldelas e Vilagarcía

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas por valor de 538.191,62€ para que os concellos de Covelo, A Estrada, Ponte Caldelas e Vilagarcía de Arousa poidan afrontar cinco novos investimentos.

Con esta concesión, a Deputación destinou máis de 34 millóns de euros aos concellos da provincia o que supón o 82,5% do total do “Plan Concellos 2017”.

Covelo recibirá 231.832,52€ para a pavimentación de camiños e muros en Casteláns, Maceira, Barciademera, Godóns, Piñeiro e Prado. Con esta achega, a vila ten xa o 100% do Plan Concellos 2017 aprobado, con preto de 450.000€ concedidos.

No caso da Estrada, a Deputación de Pontevedra aprobou destinar 83.490€ para a adquisición de marquesiñas. A presidenta provincial subliñou que “con esta achega o concello da Estrada ten xa aprobado o 85,2% do  orzamento que lle corresponde do Plan Concellos 2017 e que, este ano, ascende a 1,5 millóns de euros”.

Pola súa banda, o concello de Ponte Caldelas recibirá 122.869,11€ para obras de mellora en vías municipais de Caritel, Insua, Tourón, Avecil e de acceso a Santa Comba. Con esta achega, a vila ten xa o 81,4% do Plan Concellos 2017 aprobado, con preto de 450.000€ xa adxudicados.

No caso de Vilagarcía de Arousa, a Xunta de Goberno aprobou destinar 99.999,99€ para renovar barandillas no entorno de Vista Alegre. Ata o momento, este concello ten aprobado o 80,2% do orzamento do plan, con máis de 1,1  millóns de euros concedidos.

También te puede interesar