'Qué te cuentas?'

Multan con 200€ a un membro da Executiva Confederal da CIG por poñer unha pota no chan

Imaxe: cig.gal

200€ por pousar unha pota de cociñar na beirarrúa. Aínda que pareza unha broma, esa é a multa que, segundo denuncia a CIG, lle veñen de impor a Renato Núñez, membro da Executiva Confederal do sindicato. O máis surrealista do sanción, indican dende a central “é que o sindicalista tivo que sacar a ola do maleteiro do seu vehículo durante un rexistro policial”.

Este feito foi a escusa que atopou a pola Policía Nacional para denuncialo diante do Concello de Santiago, que a pasada semana lle notificaba unha sanción económica de 200€ por «arroxar á vía unha pota de cociñar de considerábeis dimensións». Unha pota que Núñez tivo que sacar do seu coche durante unha actuación policial na que, a xuizo da CIG, “foi vítima dun trato abusivo e na que se veu retido de maneira inxustificada mentres lle rexistraban o seu vehículo”.

Este feitos tiveron lugar nas inmediacións do Hospital Clínico de Santiago, onde o sindicalista acudira a encontrarse cunha membro da Executiva Comarcal da CIG e delegada da CIG-Saúde. Ao final do encontro, achegouse ao seu vehículo e para a súa sorpresa, unha patrulla da policía nacional que pasaba naquel momento pola zona detívose de súpeto e dirixiuse a el para comunicarlle que o ían propor para sanción de tráfico.

“A pesar de carecer de competencias nesta materia, os axentes insistiron en comprobar a ITV e o seguro do coche, mantendo en todo momento unha actitude soberbia e de prepotencia. Resulta rechamante que a única persoa á que se dirixiran fora ao representante da CIG cando nos arredores do hospital había ducias de vehículos en dobre fila e mesmo estacionados enriba das beirarrúas”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.