Vigo al minuto

@abelcaballero afirma que o Goberno local exime do IAE a 37.000 das 40.000 actividades económicas de Vigo

O alcalde de Vigo vén de informar de que o Goberno municipal exime do pago do Imposto de Actividades Económicas (IAE) a un total de 37.000 das 40.000 actividades económicas rexistradas en Vigo.

O IAE na cidade é «especialmente baixo», sinalou Abel Caballero, quen lembrou que todos os autónomos teñen este pago bonificado así como todas aquelas empresas que facturen menos do millón de euros ao ano.

Hai uns días a presidenta do Partido Popular de Vigo afirmara nunha xuntanza con empresarios no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadres, que, as empresas instaladas en Vigo pagan o Imposto de Actividades Económicas máis elevado de toda a Área Metropolitana.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.